Este conto é de Tomi Ungerer e o conto é traducido por Patricia Buján Otero.Trata sobre un gato chamado Toni Pouta ao que a súa nai Dona Angora Pouta lle dá bicos a todas horas, e a Toni non lle gustan.
BICOS DE BOS DÍAS
BICOS DE BOAS NOITES
BICOS DE POR FAVOR
BICOS DE GRAZAS
BICOS DE DÁME UN BICO
BICOS DE PERDOA RULIÑO
BICOS DE VERÁN
BICOS DE INVERNO
BICOS PEGAÑENTOS
BICOS NOXENTOS
BICOS REPUGNANTES
E MOITOS MOITOS BICOS MÁIS.
Os que máis lle molestaban a Toni son os bicos que lle daba a súa nai nas orellas e o seu problema é que cando non esperta polas mañas co espertador a súa nai lle daba o beso na orella para que espertara.
Este é un cachiño do conto que é tan divertido:
"O espertador non soou porque o día antes Toni púxose a mirarlle as tripas.
Quería saber como que aspecto teñen os segundos,os minutos e as horas."
Ata aquí podo contar porque se queredes saber o resto teredes que lervos o libro. Eu volo recomendo a todos porque aínda que sexa curto é moi divertido.
Ten unha pinta moi divertida! Ao ler esta reseña, lembreime do meu primo, que dende moi pequeno non lle gustaba nada que lle deran bicos, xa foran da nai, ou do pai. Estou segura de que vou recordar máis cousas lendo este libro!
ResponderEliminarAo meu primo lle pasa o mesmo pero agora xa non lle importa que eu lle de bicos ou que a miña nai lle de bicos pero a el soamente lle gusta que lle de bicos a súa nai e soamente lle da bicos a os bebés e no seu cumpreanos aveces aos seus primos pero ningún día mais.
ResponderEliminar