31/10/13

O misterio do cemiterio vello

  David e Branca oen estraños ruídos procedentes dun cemiterio abandoado. Deciden investigar e, unha vez dentro, sofren raras experiencias, ven estrañas figuras e escoitan músicas misteriosas...
Isto é o que vos podo dicir deste libro escrito por Fina Casalderrey. Publicado pola editorial SM. Esta cheo de misterio, aventuras, e ás veces resulta cómico as formas que ten o noso protagonista David que está disposto a descubrir o misterio que se atopa no cemiterio vello.
Na miña opinión é un bo libro para pasar un cachiño agradable, gustoume moito e espero que vos animedes a lelo. Se o queredes podedelo atopar na biblioteca municipal de Monte Alto.
   

25/10/13

Siete reporteros y un periódico


    Alejandro es un niño que quiere montar su propio periódico en el colegio, pero no tiene reporteros, ni dinero, ni la menor idea de montar un periódico. Pero ganas todas las del mundo.Un día se le ocurre poner un anuncio para voluntarios a montar un periódico y así llegan los primeros voluntarios. ¿Lo conseguirá? ¿Sí o no? Si lo quieres saber lee el libro que se encuentra en la bibliocaixa.

Para mí una gran novela, galardonada con el premio barco de vapor 2005, no tiene muchas páginas pero sí muchas aventuras.
  
      Escrito por Pilar Lozano Carbayo.




15/10/13

No labirinto do vento

Saúdos a todos! Recoméndovos un libro que a min me gusta moito, que se titula "No labirinto do vento", dous libros de Marina Colasanti reunidos, que en realidade non son unha soa historia, senón que cada capítulo é unha historia diferente. Neste libro, a autora crea varias historias fantásticas mezclando a súa imaxinación e os sentimentos propios do ser humano (o amor, a tristura, a alegría...) nunha fermosa linguaxe poética. Hai algunhas historias como, unha rapaza que vai na procura do seu reflexo, dun rei que ordena atrapar todas as palabras que haxa polo palacio porque quería só silencio, dun xardineiro que lle da forma de muller a un arbusto e a ama coma se fosa unha persoa, unha muller que tecía os seus sonos facéndoos así realidade... Á xente que lle gusta a fantasía, recoméndolle este libro. É moi bonito, e a min gústame moito.  Quen non o leu, se quere lelo pode atopalo na biblioteca Xanela. E, quen o fixo, gustoulle o libro? Deixade as vosas respostas e comentarios sobre esta reseña.

                                                          

9/10/13

Comezamos!

Saúdos a todos os nosos lectores!
Este blog nace coa idea principal de compartir. E que é o que imos compartir? Pois algo tan sinxelo, pero tan importante, como as nosas lecturas.
 Cada alumno e alumna da clase de 6º deste curso 2013/14 iremos facendo un reseña dos libros que leamos, tanto en galego como en castelán. Ademais da dar a nosa opinión sobre o libro intentaremos aportar toda a información que poidamos atopar sobre o autor, a época, a temática...
Vós podedes colaborar, por suposto. Invitámosvos a que deixedes os vosos comentarios contándonos se xa lestes o libro, se vos deron ganas de facelo ao ler a nosa publicación, se estades de acordo coa opinión que expresamos... Todo, coma sempre, con moito respecto á opinión dos participantes e valorando as aportacións que cadaquén faga.
Ademais, na barra da dereita, intentaremos estar ao día das novas publicacións en canto a lectura infantil e xuvenil para que o blog tamén se convirta nunha fonte de consulta útil para todos.
Ánimo... E a ler!