15/10/13

No labirinto do vento

Saúdos a todos! Recoméndovos un libro que a min me gusta moito, que se titula "No labirinto do vento", dous libros de Marina Colasanti reunidos, que en realidade non son unha soa historia, senón que cada capítulo é unha historia diferente. Neste libro, a autora crea varias historias fantásticas mezclando a súa imaxinación e os sentimentos propios do ser humano (o amor, a tristura, a alegría...) nunha fermosa linguaxe poética. Hai algunhas historias como, unha rapaza que vai na procura do seu reflexo, dun rei que ordena atrapar todas as palabras que haxa polo palacio porque quería só silencio, dun xardineiro que lle da forma de muller a un arbusto e a ama coma se fosa unha persoa, unha muller que tecía os seus sonos facéndoos así realidade... Á xente que lle gusta a fantasía, recoméndolle este libro. É moi bonito, e a min gústame moito.  Quen non o leu, se quere lelo pode atopalo na biblioteca Xanela. E, quen o fixo, gustoulle o libro? Deixade as vosas respostas e comentarios sobre esta reseña.

                                                          

4 comentarios:

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...