31/5/14

o elefantiño

O elefantiño

Un elefante de peluche que só ten unha orella, porque non chegou a tea para facerlle a outra, vai contar a súa historia, marcada por este defecto pois non o puxeron á venda, agachándoo no almacén. Axúdanlle a contala os seus amigos:
Un peixe de goma, Pipo, que consegue que se bañe con alegría unha rapaza, Dulce, á que lle morreu a mai de cancro cando ela só tiña un ano, e agora vive soa co pai, Luís Suárez.
A pequena flor de metal que Dulce leva na lapela do abrigo, que viu cando nas vacacións de Semana Santa Dulce e o pai atoparon no parque unha cadela abandonada á que lle deron de comer. A rapaza púxolle nome: Bambán. Dulce foi pasar as vacacións onda os avós, a Muxía. A avoa escribiulle unha carta para Claudia, a mai morta.
O reloxo de pulso de Luís lémbralle que mañá ten que regalarlle un elefante Dulce, pois cumpre cinco anos.
A Lámpada do Almacén conta que é amiga do elefantiño triste, e tamén a dependenta Marina.
O Zapato Dereito de Luís testemuña que este foi comprar o elefante pero outro neno encaprichouse con el e cedeullo; no seu lugar, levou un golfiño. E que coñeceu a Marina, tan boa e atractiva, que vive soa.
O xenio da lámpada de Aladino concédelle tres desexos ao elefantiño, que lle pide: ir vivir á casa dun neno ou nena que o queira, que lle conceda a Marina o que ela desexe (un home para ser fose feliz, por certo) e un terceiro que non ten por qué dicir nese momento.
O Zapato Esquerdo sabe que cando o pai lle levou o golfiño, Dulce chorou porque quería un elefante.
O coche rosa levou a Luís á tenda da Coruña, onde o avaricioso dono, o señor Olveira, non lle pode vender o que non ten unha orella porque o levara Marina. Luís come só e triste.
Unha nube branca e algodonosa de día soleado ve a Bambán roubarlle o elefantiño se queredes saber máis teredes que ler o libro ue o encontraredes na biblio do cole.

O escritor é X. H. Rivadulla Corcón

O bebé máxico



Na rúa das tabernas na cidade vella da Coruña hai una pequena tenda de antigüedades. Mirando o escaparate estai una moza cun bebé en brazos, esa moza chamase María e a nai do bebe que ten en brazos. E un bebé moi fermoso e alegre que gústalle pararse na fiestra  da tenda de antigüedades en brazos da súa nai porque aínda non sabe camiñar. Sempre que pasan por alí esta desexoso de que en algún momento a súa nai entre a tenda e o deixe xogar con todas as cousas que alí dentro, pero el non sabe porque a súa nai nunca entra a tenda. Pásanse os días andando polas calles da Coruña esperando a que caiga a noite para poder volver ao albergue, o bebé e mais a súa nai son pobres porque o seu pai non o quere e os tíos da súa nai os botaron da súa casa. Un día María entra na tenda cando Ester  a muller que dirixe a tenda vaise un momento e a deixa soa, María entra e deixa ao seu bebé dentro e ela se marcha chorando. O cativo estai moi feliz porque pensa que a súa nai o deixou alí para que xogara con todas esas cousas, cando volve Ester e atopase ao neno alí ela non sabía que lles iban a pasar moitas cousas a ela e mais a súa familia. Se queredes saber qué e o que lles pasa a Ester ao seu marido Antonio, e aos seus fillos Toñito e Raquel teredes que ler o libro. O libro ten 116 paxinas e estai narrado dende o punto de vista do bebé cousa que a min me gustou moito e pareceume moi divertido. O seu autor e X. Henrique RivadullaCorcón". que naceu na Coruña no ano 1962 e estai ilustrado por Kiko da Silva que naceu en Vigo no ano 1979. A verdade e que o libro gustoume moito e moi fácil de ler e tampouco e moi longo. Unha das cousas que mais me gustou foi que o libro estaba narrado polo bebé e a verdade e que as veces resultaba un pouco gracioso a súa forma de ver a cousas. Aunque o principio o libro pode parecer que un pouco triste xa que nai e fillo son pobres e no momento no que o deixa na tenda pode resultar un pouco triste en parte porque o neno que o que conta a historia non sabe o que estai pasando a verdade e que non, despois diso na historia pasan cousas tanto boas como malas pero a verdade e que non paréceme un libro polo que chorar. En resumen o libro gustoume moito e pensó que e moi fácil de leer. Eu o atopei na biblioteca do cole pero como o curso se acaba xa non o poderedes coller, aunque pensó que o poderes atopar na municipal. O libro gustoume moito e volo recomendó.

30/5/14

A peripecia de Roi


Chegou o día mais esperado de Roi, a feria .Esperaba inquedo na súa casa preguntando cada 5 minutos á súa nai canto quedaba, ata que chegou a hora para ir de festa, nada máis entrar Roi empezou querer ir a todos os sitios: a noria, a montaña rusa, os postos de lanzar bolas etc. Despois de montar na maioría das atraccións quixo comprarse un globo de helio, primeiro lle comprou un, despois outro e outro así ata chegar aos oito, cando a nai se dou a volta despois de pagarlle os cartos ao vendedor Roi xa non estaba no seu sitio senón a dous metros do chan, a nai de Roi choraba aterrorizada como subía o seu fillo, o do posto de tiro e intentou alcanzalo pero como tiña trucado a escopeta non puido disparar aos globos.

Mentres subía, se encontrou: a un alpinista, a un piloto de globo aerostático que quería bater un record Guinness, a un piloto que pilotaba una avioneta vermella, un peixe voador, una tormenta unhas nubes con formas, a lúa, una nave espacial con un astronauta dentro, tamén se encontrou con moitas estrelas e unha lle dixo que fora onde un satélite, foi onde o satélite pero chegou tarde, pasou por Venus e por motos máis planetas ata que chegou a un burato negro.

O burato comía todo o que pasaba por diante Roi empezou a asustarse intentaba escapar pero non podía, o burato se acercaba e acercaba ata que........

Estaba na rúa de camiño a feira coa súa nai.

O autor é Carlos López aínda que non puíde atopar información sobre el.

O conto é bastante estraño aínda que me gustou, este libro o podedes atopar na bibliocaixa.