31/5/14

o elefantiño

O elefantiño

Un elefante de peluche que só ten unha orella, porque non chegou a tea para facerlle a outra, vai contar a súa historia, marcada por este defecto pois non o puxeron á venda, agachándoo no almacén. Axúdanlle a contala os seus amigos:
Un peixe de goma, Pipo, que consegue que se bañe con alegría unha rapaza, Dulce, á que lle morreu a mai de cancro cando ela só tiña un ano, e agora vive soa co pai, Luís Suárez.
A pequena flor de metal que Dulce leva na lapela do abrigo, que viu cando nas vacacións de Semana Santa Dulce e o pai atoparon no parque unha cadela abandonada á que lle deron de comer. A rapaza púxolle nome: Bambán. Dulce foi pasar as vacacións onda os avós, a Muxía. A avoa escribiulle unha carta para Claudia, a mai morta.
O reloxo de pulso de Luís lémbralle que mañá ten que regalarlle un elefante Dulce, pois cumpre cinco anos.
A Lámpada do Almacén conta que é amiga do elefantiño triste, e tamén a dependenta Marina.
O Zapato Dereito de Luís testemuña que este foi comprar o elefante pero outro neno encaprichouse con el e cedeullo; no seu lugar, levou un golfiño. E que coñeceu a Marina, tan boa e atractiva, que vive soa.
O xenio da lámpada de Aladino concédelle tres desexos ao elefantiño, que lle pide: ir vivir á casa dun neno ou nena que o queira, que lle conceda a Marina o que ela desexe (un home para ser fose feliz, por certo) e un terceiro que non ten por qué dicir nese momento.
O Zapato Esquerdo sabe que cando o pai lle levou o golfiño, Dulce chorou porque quería un elefante.
O coche rosa levou a Luís á tenda da Coruña, onde o avaricioso dono, o señor Olveira, non lle pode vender o que non ten unha orella porque o levara Marina. Luís come só e triste.
Unha nube branca e algodonosa de día soleado ve a Bambán roubarlle o elefantiño se queredes saber máis teredes que ler o libro ue o encontraredes na biblio do cole.

O escritor é X. H. Rivadulla Corcón

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...