9/10/13

Comezamos!

Saúdos a todos os nosos lectores!
Este blog nace coa idea principal de compartir. E que é o que imos compartir? Pois algo tan sinxelo, pero tan importante, como as nosas lecturas.
 Cada alumno e alumna da clase de 6º deste curso 2013/14 iremos facendo un reseña dos libros que leamos, tanto en galego como en castelán. Ademais da dar a nosa opinión sobre o libro intentaremos aportar toda a información que poidamos atopar sobre o autor, a época, a temática...
Vós podedes colaborar, por suposto. Invitámosvos a que deixedes os vosos comentarios contándonos se xa lestes o libro, se vos deron ganas de facelo ao ler a nosa publicación, se estades de acordo coa opinión que expresamos... Todo, coma sempre, con moito respecto á opinión dos participantes e valorando as aportacións que cadaquén faga.
Ademais, na barra da dereita, intentaremos estar ao día das novas publicacións en canto a lectura infantil e xuvenil para que o blog tamén se convirta nunha fonte de consulta útil para todos.
Ánimo... E a ler!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...