Ti non xogas! é de Silvestre Gómez Xurxo e as súas ilustracións de Anxo Fariña.Gustoume moito este libro porque é moi bonito. Suso, o seu protagonista, é un neno ao que lle encanta xogar ao fútbol pero non pode porque leva unha semana enteira chovendo e cando por fin abre o ceo vai Rober e lle solta "Ti non xogas", e o pobre quedou sen xogar todo o recreo.
Entón é cando coñece a Phanti, unha amiga moi especial.
E se queredes saber máis teredes que lelo. A min gustoume moito e recoméndovos que o leades e, como non, deixedes os vosos comentarios. Déixovos un enlace interesante: enlace
Onde o podemos encontrar?
ResponderEliminarAgora mesmo o temos na bibliocaixa.
Eliminar