Autora: Fina Casalderrey
Ilustracións: Patricia Castelao
Trátase dunha nena nixeriana chamada Amina Nwapa que marcha vivir a Galicia. Ela non sabe falar galego. O seu primeiro día de escola fixo moitos amigos,
sobre todo Ío, unha nena muda que lle custaba falar. Ela debuxaba moi ben así que se
comunicaba con Amina doadamente a través dos seus debuxos.
De súpeto Ío desapareceu e Amina buscouna nun
lago, un lugar precioso que aparecía nas ilustracións de Ío, chamado a Lagoa Das Mudas por elas mesmas...
A miña opinión persoal é que me gustou moito, con escenas de moita intriga. Invítovos a que leades este libro.
Parece moi interesante. Leereino. Moitas grazas Manuel pola túa boa reseña!
ResponderEliminar