O elefantiño
Un elefante de peluche que só ten unha orella, porque non chegou a tea para facerlle a outra, vai contar a súa historia, marcada por este defecto pois non o puxeron á venda, agachándoo no almacén. Axúdanlle a contala os seus amigos:
Un peixe de goma, Pipo, que consegue que se bañe con alegría unha rapaza, Dulce, á que lle morreu a mai de cancro cando ela só tiña un ano, e agora vive soa co pai, Luís Suárez.
A pequena flor de metal que Dulce leva na lapela do abrigo, que viu cando nas vacacións de Semana Santa Dulce e o pai atoparon no parque unha cadela abandonada á que lle deron de comer. A rapaza púxolle nome: Bambán. Dulce foi pasar as vacacións onda os avós, a Muxía. A avoa escribiulle unha carta para Claudia, a mai morta.
O reloxo de pulso de Luís lémbralle que mañá ten que regalarlle un elefante Dulce, pois cumpre cinco anos.
A Lámpada do Almacén conta que é amiga do elefantiño triste, e tamén a dependenta Marina.
O Zapato Dereito de Luís testemuña que este foi comprar o elefante pero outro neno encaprichouse con el e cedeullo; no seu lugar, levou un golfiño. E que coñeceu a Marina, tan boa e atractiva, que vive soa.
O xenio da lámpada de Aladino concédelle tres desexos ao elefantiño, que lle pide: ir vivir á casa dun neno ou nena que o queira, que lle conceda a Marina o que ela desexe (un home para ser fose feliz, por certo) e un terceiro que non ten por qué dicir nese momento.
O Zapato Esquerdo sabe que cando o pai lle levou o golfiño, Dulce chorou porque quería un elefante.
O coche rosa levou a Luís á tenda da Coruña, onde o avaricioso dono, o señor Olveira, non lle pode vender o que non ten unha orella porque o levara Marina. Luís come só e triste.
Unha nube branca e algodonosa de día soleado ve a Bambán roubarlle o elefantiño se queredes saber máis teredes que ler o libro ue o encontraredes na biblio do cole.
O escritor é X. H. Rivadulla Corcón
Reseñas das lecturas do alumnado de 6º curso de Educación Primaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte.
31/5/14
O bebé máxico

30/5/14
A peripecia de Roi
Chegou o día mais
esperado de Roi, a feria .Esperaba inquedo na súa casa preguntando
cada 5 minutos á súa nai canto quedaba, ata que chegou a hora para
ir de festa, nada máis entrar Roi empezou querer ir a todos os
sitios: a noria, a montaña rusa, os postos de lanzar bolas etc.
Despois de montar na maioría das atraccións quixo comprarse un
globo de helio, primeiro lle comprou un, despois outro e outro así
ata chegar aos oito, cando a nai se dou a volta despois de pagarlle
os cartos ao vendedor Roi xa non estaba no seu sitio senón a dous
metros do chan, a nai de Roi choraba aterrorizada como subía o seu
fillo, o do posto de tiro e intentou alcanzalo pero como tiña
trucado a escopeta non puido disparar aos globos.
Mentres
subía, se encontrou: a un alpinista, a un piloto de globo
aerostático que quería bater un record
Guinness, a un piloto que pilotaba una
avioneta vermella, un peixe voador, una tormenta unhas nubes con
formas, a lúa, una nave espacial con un astronauta dentro, tamén se
encontrou con moitas estrelas e unha lle dixo que fora onde un
satélite, foi onde o satélite pero chegou tarde, pasou por Venus e
por motos máis planetas ata que chegou a un burato negro.
O burato
comía todo o que pasaba por diante Roi empezou a asustarse intentaba
escapar pero non podía, o burato se acercaba e acercaba ata
que........
Estaba na
rúa de camiño a feira coa súa nai.
O autor é Carlos López aínda que non puíde atopar información sobre el.
O conto é bastante estraño aínda que me gustou, este libro o podedes atopar
na bibliocaixa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)