28/4/14

Lúa do Senegal

 


 O Senegal é un fermoso país Africano, onde unha vez (fai moi pouco) viviu unha nena de 11 anos chamada Khoedi.

Khoedi vivía alí moi feliz, con Aminata (a súa nai), Madou (o seu pai), e Naima (a súa irmá pequena). Cando ela tiña seis anos, e Naima aínda era un bebé, Madou quedou sen traballo porque roubaron o Hotel onde traballaba e pensaron que el fora o culpable, polo que, dende aquela, ningún hotel máis o quixo acoller, e quedou sen traballo. Entón, decidiu que tería que emigrar. Primeiro a Madrid, e a outras moitas cidades, ata que decidiu quedar en Vigo. Dende entón, gañou moitos cartos, e cada mes mandaba unha parte á súa muller e ás nenas. Aminata sempre lles dicía que algún día marcharían elas tamén a Vigo, e se reunirían con Madou. Khoedi pensou que o dicía por dicir, aínda que, cando se fixo maior, chegou o día en que tiñan que facer as maletas para marchar cara a Europa.

Cando están alí, Khoedi sente unha mestura de sentimentos: a curiosidade e a ledicia de aprender e coñecer un país novo e reunirse co seu pai, medo de non saber comunicarse cos demais, e tristura por ter que deixar o seu país natal. Para ela, Vigo ese era o País das Ausencias porque non había nada do que desfrutaba no Senegal e nada tiña as mesmas cores alegres que vía no lugar que deixou. Dende entón, a única amiga que ten é a lúa, á que ve coma sempre, só que mais apagada. Aínda que, máis tarde coñecerá a unha nena da súa idade que procede do mesmo país chamada Beidu. Se queredes averiguar como Khoedi fai novas amigas, avanza na escola, aprende o novo idioma e se adapta á súa nova vida, teredes que ler o libro. ¡De verdade que o recomendo!

Este libro ten aproximadamente 200 páxinas. Penso que é unha obra fantástica, feita polo autor Agustín Fernández Paz, con ilustracións preciosas de Marina Seoane. Non é una historia de fantasía, coma as que máis me gustan, pero é moi bonita. Podemos meternos na pel de Khoedi, vivindo as mesmas aventuras que ela, con moitos momentos de alegría, tensión, e de tristura nos que se te fai un nudo na gorxa.

¿Vos imaxinades ter que marchar a un país cun idioma totalmente distinto, sen coñecer a ninguén e tendo que deixar para sempre aos vosos amigos de toda a vida? Pois lembrade que, en calqueira momento podemos ser o outro, e que hai que disfrutar sempre o momento e o que se ten. Porque sempre existe a posibilidade de perdelo todo e ter que sustituílo por algo novo descoñecido.
Esta é unha das razóns polas que me gusta tanto o libro, e estou segura de que a moitos tamén lles gustará.

Se queredes saber onde atopalo, o poderedes facer na nosa famosísima biblioteca Xanela. Se xa liches o libro, deixa un comentario sobre a túa opinión. E o máis importante...
Desfrutade da lectura!

               

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...