Boas
tardes! Recoméndovos ler este libro "O Nicolasiño"
Unha
mañá Nicolas chegou á escola moi contento, ían sacar unha foto do
curso. A profesora mandoulles ir ben vestidos e arreglados. Cando sacou
a foto saíu mal porque todos se estaban movendo. Todos estaban
alborotando, entón canso se deron conta xa non puderon repila foto
porque o fotógrafo xa non estaba, a mestra estaba moi enfadada con
eles porque non se comportaran. Ao rematar a escola Nicolás
invitou aos seus amigos a casa a xogar os cow-boys. Rufo, un
compañeiro del, púxose o traxe de policía que lle regalara o seu pai,
coa gorra, as esposas, o revólver, a porra branca e o chifro; Eudes
traía o sombreiro vello de cow-boy do seu irmán máis grande e un
cinto cunha chea de cartuchos de madeira e dúas fundas nas que había
dous revólveres terribles; o caso que ían xogar aos cow-boys.
Nicolás
e os seus amigos ao director o chaman caldo limpo porque di que lle
miren para os ollos, non sei se o entanderedes, pero eu non lle
encontro o sentido, ao mellor se vós ledes o libros o entendedes.
Caldo limpo ten un bigote grande e castiga a miúdo. Hai un neno que
se chama Agnan, éo chichi da profe, Agnan é moi listo, saca boas notas
e ten una televisión na súa casa porque son ricos pero Nicolás ten
unha porque o seu pai aínda non a mercado. A Agnan non lle poden
pegar porque leva lentes.
Nicolás
ao sair da escola foi detras dun canciño. O canciño parecía
perdido; e estaba só e durme moito dó. A Nicolas se lle ocorreu
levarse o can á casa e lle chamou Rex. Cando Nicolás, chegou ao
salon da súa casa a súa nai lle preguntou que de onde sacara ese animal e lle contou que lle ía axudar a deter unha chea de
cacos, pero Rex subiuse no sofá do seu pai e empezou a destrozar o
sofá e os coxíns. Cando os seu pai chegou casa Nicolas lle explicou o
de Rex, o seu pai estaba de acordo con que se quedase o can pero
ao cabo dunhas horas pasou un señor e lle dixo que ese can era del
e...
Se
queredes saber o que pasa lédevos o libro que o podes encontrar na
biblioteca municipal de calquera sitio.
O autor do libro é René Goscinny.
![](http://libreriaentrecomillas.com/images/9788482240176.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...