No Corazón Do Bosque
TITULO: No Corazón Do Bosque
AUTOR: Agustín Fernández Paz
ILUSTRACIÓNS: Miguelanxo Prado
NÚMERO DE PAGINAS: 135
Sinopse:
Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de
excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día
marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e
adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando
regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise
agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa
mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado
Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos
seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre
os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno
invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os
nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi
valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos.
Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas
aventuras, ata facérense moi boa amigos. Nas festas de nadal, derdrín
disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa
amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.No corazón
do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por
Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos,
aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a
atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de
Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese
para os lectores de oito anos en diante:.a convivencia dentro da
familia, os conflictos dentro da aula, os problemas económicos, a
amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O
eixo do libro está constituído, pois, polo encontro dunha nena de hoxe
cun ser tan característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular
e europeo) como é o trasno.
Moi boa reseña Moncho, animame moito a ler este libro grazas.
ResponderEliminarA min tamén me anima moito. Penso que sería un libro boísimo para entreterse durante un tempo de lectura, moi bonito e divertido. E a reseña está moi ben feita.
ResponderEliminar