Reseñas das lecturas do alumnado de 6º curso de Educación Primaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte.
17/3/14
Sempre tes que meter o nariz.
O autor de este libro é Víctor Raga e as ilustracións e debuxos que nos fan aprender co señor Viramontañas son de Montse Español Rodie.
Martiño é o narrador de esta historia (que é a 4º desta colección) e un rapaz que vive no mesmo edificio de Helena una nena da súa clase coa que pasa moito tempo,a Helena gústalle dicir que ela e máis Martiño son mozos e pinta corazóns coas iniciais H x M por todo o colexio. Martiño está farto de que Helena estea todo o día amolándoo, pero ao fin do cabo son veciños, non?
Nesta historia Martiño non está contento coa súa estatura, é o máis baixiño da súa clase, incluso Helena supérao por dous centimetros, e recurre ao señor Viramontañas para que lle explique por que é tan baixiño pero o señor Viramontañas ten moitos amigos e avisa a súa amiga Carme (que édoutora) para facerlle unha visita ao hospital e así que lles explique un pouco sobre o corpo humano pero non o fará ela soa senón co seu amigo Narciso que é moi especial.....
En resumo que este libro está cheo de enredos,discusións e aprendizaxe e ademais inclúe un experimento co señor Viramontañas que émoi interesante. Deixovos un enlace no que vén xa outro do autor e da ilustradora.
atréveste ?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
pareceume moi interesante o libro e o collín da caixa que temos na clase.
ResponderEliminarporcerto pareceume moi boa a túa reseña.
Que ganas de ler o libro! Ten pinta de ser moi divertido, e a reseña está moi ben feita.
ResponderEliminarGrazas chicas sodes moi amables eu o libro ocllin para un apuro e ao final gustoume moito son eses detalles os que me fan sorrir.
ResponderEliminar:)