24/3/14

Morgana a dos ollos verdes

     Este libro escribiuno Pasqual Alapont e ilustrouno Montse Español Rodié.

     O libro é o diario dunha nena que se chama Morgana. Nel escribe todo o que lle vai pasando e o que vai facendo cada día. Morgana xoga nun equipo feminino de baloncesto e gústalle moito, ela di que de maior quere ser reporteira deportiva para poder entrar a todos os partidos. Pero ademais do baloncesto ten que ocuparse de moitas cousas máis. Coma facer os deberes do colexio, as tarefas da casa etc. Aínda que de vez en cando, coma calquera nena, queda coas súas amigas para dar unha volta, e tamén algunha vez con Berenguel, que é o neno que lle gusta, aínda que as veces non o entende e enfádase con el. O mesmo pásalle moitas veces coa súa nai e a súa avoa. Pero por riba de todo as quere moito. A Morgana pásanlle moitas cousas, tanto no colexio coma na casa, moi divertidas e interesantes.

     A min este libro foi un dos que máis me gustou e recoméndovos que o leades. Se o queredes ler o podedes pedir na biblioteca do Sanjurjo de Carricarte.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...