Branca está enferma de hepatite vírica. Desde hai nove días está
na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis
semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario
así, e é un aniversario inportante: 13 anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e a súa nai proponlle que o complete para non se aburrir.
E así, pouquiño a pouco, Banca vai lembrando distintos episodios
da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta
rapaciña de trece anos. A súa infancia, súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio... son esceas que van aparecendo grazas ás vellas fotografias.
Esta enfermidade serviulle para coñecer mellor os seus amigos
ca viñan visitar todos os dias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...