20/3/14

Ningún Bico Para Mamá



Este libro trata de un gato, chamado Toni, que non quere que lle dean bicos, e menos a súa nai.
Que a súa nai lle dera bicos era normal, porque ela facíao por calquer motivo: bicos de bos días, bicos de boas noites, bicos de por favor, bicos de grazas...
Toni era un gato pouco aseado e maleducado sobre todo coa súa nai o que provocaba que o pai o regañase constantemente. Unha maña Toni chimpou pola ventá o seu espertador, o abrelatas e unha lámpada que caeron no coche do seu pai. Cando viu o parabrisas do coche do seu pai sentiuse arrepentido.
Aínda que no seu colexio tiña boas notas, tamén tiña fama de alborotador polas trasnadas que facía. Ese día,  noso amigo Toni  foi cabizbaixo ó colexio e non fixo ningunha das súas trasnadas, todos preguntábanlle que lle pasaba. Toni contestou que estaba farto de tantos bicos e os compañeiros pensaron que falaba dunha noiva, pero un deles, Max, que era o mangallón da clase dixolle que se era a directora do colexio a que lle daba os bicos. Toni enfadouse e tiveron unha liorta na que se fixeron varias feridas que foron curar á enfermería. Antes de chegar xa reconciliaronse.
A nai de Toni teñe unha sorpresa preparada para o seu fillo pero o que non se espera e que o seu fillo estea ferido; se queres saber o que lle pasa a Toni e a sua Nai terás que ler o libro.

Este libro está escrito polo novelista Tomi Ungererdéixovos un enlace por se queredes saber máis deste fantástico autor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un comentario se che pareceu interesante o que liches, se che apetece ler o libro do que falamos, se xa o liches...