![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj34d3_Hc2VfeG8wSECKXg41Na4fsMAmtFzcWVXaXlQFnHfBQuhf85wPnSrz91tlHbeZYFsgaHR_pVrMyfnZpraEzReCGEDYzK9UHZyd-s6Cltqb9HAh0MLV37CpowBLiTAhlVy41fVmBoy/s1600/papaventos.jpg)
Cando Laura saiu co seu papaventos a
sucar o ceo xuntos, a moi despistada púxose a pensar nas historias do
padriño, no metro, no porto onde traballaba o padriño, o avión, o
helicóptero, a buxaina... E de súpeto, perdeu de vista ao seu
papaventos!! Laura buscou e busco pero non o atopaba, ata que se
decatou , de que non o bautizara! O padriño contáralle que no porto onde el traballaba se bautizaba a os barcos
antes de que fixeran a súa primeira viaxe e entón púxose na súa
“posición de pensar” para ver que nome se lle ocorría para o
seu papaventos e así poder chamalo e atopalo. Quería un nome que
impactase, un nome forte. Tivo moitas ideas pero ningunha a convencía
de todo. Entón, como unha estrela fugaz, ocorréuselle, o seu
papaventos chamaríase Pluma negra. Era o nome perfecto segundo ela. Chamouno e chamouno cada vez máis forte e.... Se queredes saber
onde estaba Pluma negra, o que viviu neses dias que estivo atrapado,
e como saíu dese problema teredes que ler o libro. A min gustoume moito, foi un libro que disfrutei bastante, e ademais é moi curto, ten
116 páxinas. A autora é María Canosa Blanco e a letra é moi grande, e o espazo entre liñas tamén é bastante amplo así que non tedes excusa para non ler este precioso
libro. A min gustoume moito e recoméndovolo moito e espero que se o
ledes o disfrutedes tanto coma min.
Penso que o libro ten que ser fantástico, e moi bonito segundo a sinopse. Aínda que lle faltan bastantes signos de puntuación.
ResponderEliminar