Este libro de 100 páxinas aproximadamente, gustaríalle moito á xente aventureira e mariñeira, porque está cargado de aventuras e viaxes a través dos sete mares con pelexas e naufraxios, aparte de que se pode aprender un pouco como era a vida mariñeira nesa época.
Eu penso que esta historia se pode comezar a comprender ben a partir dos 10 anos, pero que a partir de entón é apto para todas as idades.
A min persoalmente gustoume moito este libro, a pesar de que o meu tema literario preferido é a fantasía. Hai moitas situaciones inesperadas, e momentos nos que o lector se pregunta qué poderá ocorrer a continuación, e realmente parece que a protagonista está narrándonos a súa historia, e penso que a autora fixo un moi bo traballo.
Se vos interesa, podedes atopalo na Biblioteca Municipal de Monte Alto. Se xa o líchedes, non esquezades comentar a vosa opinión sobre o libro.
Parece un libro moi divertido, cando vaia a biblioteca municipal buscareino moitas grazas. ;)
ResponderEliminarDe nada! A min encantoume, mo regalaron no concurso de teatro o curso pasado, pero descubrín que se pode atopar na biblioteca Municipal de Monte Alto, e tamén noutras bibliotecas, coma o Ágora.
ResponderEliminar